Banco de libros
Vos recordamos que xa está aberta a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar da Xunta de Galicia.
Ademáis desta convocatoria, no noso colexio tamén existe un BANCO DE LIBROS propio, xestionado pola ANPA, ó que poderedes acceder todos os socios, independentemente de que solicitedes a convocatoria da Xunta ou non.
Este ano, só poderán participar no banco de libros da ANPA (doazons e solicitudes) os cursos 4º e 6º de EP, isto é debido a que o resto de cursos cambia de libros de texto para o ano que ven.
Deixamos por aquí a normativa do noso banco de libros así como o calendario previsto para as doazóns e as solicitudes. Máis adiante colgaremos o formulario de solicitudes.
Recordade que son moi importantes as doazóns de libros, xa que sen elas o banco de libros non é posible.
Facemos ESPECIAL CHAMAMENTO neste sentido ós alumnos de 4º e 6º de EP, porque estes son os libros que van permanecer sen cambios para o vindeiro curso.