Banco de libros 2023

Un ano máis a ANPA pon en marcha o banco de libros, que é totalmente independente do fondo solidario de libros da Xunta de Galicia. Ó noso banco de libros poderedes acceder todos os socios, independentemente de que solicitedes a convocatoria da Xunta ou non.


Vos deixamos por aquí a normativa do noso banco de libros:


Recordade que son moi importantes as doazóns de libros, xa que sen elas o banco de libros non é posible. Facemos especial chamamento neste sentido ós alumnos de 3º e 5º de EP, porque estes son os libros que van permanecer sen cambios para o vindeiro curso.


recollida de libros, tanto de doazóns como devolucións, farana os titores de cada curso, entre o 12 e o 19 de xuño, coincidindo coa devolución dos libros da Xunta, según indicacións concretas de cada titor.
É moi importante que veñan perfectamente etiquetados con este formulario de doazóns cuberto e pegado polo exterior dunha bolsa pechada para poder diferencialos claramente dos libros do fondo de libros da Xunta.


¡Moitas gracias pola vosa colaboración!

Comentarios desactivados en Banco de libros 2023